A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

sábado, 18 de marzo de 2017

CON RUMBO POLO MUNDO

De: Joao
Para: Anita

Ola Anita, 

Teño moitas gañas de verte. Moitas non, moitísimas.

Este ano no meu cole estamos traballando o proxecto CON RUMBO POLO MUNDO. 

Está xenial porque coñecemos moitos sitios diferentes.

Tamén tivemos que facer un traballo para expoñer na aula. Eu fíxeno do meu barrio. 

Acórdaste cal é o meu barrio? Eirís!!!

Pois adícocho a ti, para que non me esquezas.

Miles de apertas e de bicos, acórdate de volver. 

Canto me gustaba cando nos coidabas!


2 comentarios:

  1. Pero ese neno que ben o fai !!! E non podo decir menos da directora ,productora e guionista ...!!!
    E a dedicatoria faime chorar.
    Moi bo traballo.
    Moitos bicos de chocolate 😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias, Carmela. Con estos comentarios que nos fas dan ganas de poñerse a escribir mil entradas máis. Unha aperta enorme de todos nós.

    ResponderEliminar

Anímate a dicirme algo: