A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

martes, 9 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Neste ano 2016 poderíamos contar que no cole os disfraces xiraron sobre o proxecto deste curso, a pintura, que tivemos unha mañá con bo tempo e que todo saíu moi ben, pero non é iso o que queremos contar.




Podemos contar que pola tarde fomos á festa da anpa disfrazados, eu de rockeira, e os tolos da familia de polis e cacos (Joao de poli e Carlos e Vica de cacos). Tamén o pasamos estupendamente pero non é iso o que queremos contar.

É posible dicir que no sábado estes tres últimos que mencionei antes foron á aldea da avoa Olga do mesmo xeito que o día anterior, ata lles pasou unha anécdota a papá e mamá. Entraron no restaurante de Victor a tomarlle un viño e atopáronse coa Garda Civil, imaxinade as gargalladas da xente que estaba por alí, querían que os axentes os levasen presos. Tampouco é iso o que imos dicir.



No domingo volvemos de festa disfrazados. Eu estiven coas amigas e foi unha tarde fantástica.

Todo iso pasou no Entroido 2016 e máis...

Sabedes que pasou? Pois que choveu!!!

Choveu, choveu e volveu chover. 

E así non hai xeito de ir a ningures. Tivemos que celebrar os carnavais na casa.

É boa verdade que non se divirte quen non quere. Eu disfraceime dunha desas vendedoras que ofrecen produtos na tele e meu irmán...,  meu irmán foi por libre. Mirade o vídeo para saber de que falo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: