A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

domingo, 14 de febreiro de 2016

EMBALADA AO BALEIRO

Hoxe pedinlle a mamá se me axudaba a estudar.
- O que? preguntoume ela.
- O punto e coma.
- Iso vai requirir que che faga antes algo importante.
-????
- Ese tema temos que "envasalo ao vacío" para que non o esquezas nunca, que a min cústame poñer o punto e coma, non quero que a ti che pase o mesmo.
E así quedei, coa cabeza embalada ao baleiro:

(Estaba así porque me puxo unha mascarilla para o pelo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: