A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

mércores, 1 de xullo de 2015

SANTA CARLA



O outro día, estiven cabilando cando era o meu santo.
 Revisei o santoral e nada, na internet e nada.
Disgusteime moito porque na miña familia todos teñen santo e reciben agasallos e eu non. Cantas persoas non terán santo?
Pero decateime de que había 4 S. Carlos, e decidín que un  deles, o 3 de xullo, sería o meu santo. 
Agora que xa me puxen no santoral, recibirei regalo?
Que vaian tomando nota os da miña casa.

POR CERTO, BO VERÁN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: