A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

mércores, 18 de febreiro de 2015

PROXECTO CHINA

Neste curso 2014-2015 o noso proxecto de centro é CHINA.
Apaixonante está resultando este traballo.
Coma sempre, na clase de Infantil de Joao están involucrados a tope.
Xa sabe máis Joao ca súa nai sobre esta civilización (palabras dela mesma).
Son uns nenos e nenas que lles gusta tanto aprender que me encanta facerlles traballos, e co proxecto CHINA esforceime para estar a súa altura.
Levamos semanas investigando para contarlles cousas interesantes e temos preparadas unhas fichas moi instrutivas.
Ademais Joao e eu fixemos un vídeo sobre os NÚMEROS e INVENTOS chineses.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: