A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

domingo, 14 de setembro de 2014

A ARBORE DAS CATRO ESTACIÓNS

Onte fun coa miña amiga Ali e a súa familia a despedir o verán á praia.
Fixemos unha árbore simbolizando as catro estacións.
As chanclas representan o verán, o sombreiro a primavera, as follas caídas o outono e os paos sen follas o inverno.
Foi unha tarde moi divertida, con tormenta incluída.
Pensándoo ben, foi a tarde das catro estacións. Tivemos treboada de inverno, choiva de outono, sofocante calor de verán e o cheiro dos pinos da primavera.

ADEUS VERÁN, Ali e eu despedímoste con gran pesar.

 Grazas Montse por todas as bonitas fotos que nos fixeches

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: