A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

domingo, 2 de marzo de 2014

QUE VERGONZA OS ENTROIDOS

- Que vergoña me da ir con vós. Dixen eu.
- Por ter vergoña quedastes sen agasallo, estívoche ben. Contestan eles.

Esta conversa tivo lugar hoxe cando fomos comer fora.








Chove tanto que non hai forma de ir aos carnavais polo que decidimos cando menos saír a xantar. Mamá preguntou:

- Imos disfrazados?

Por suposto, papá e eu negámonos rotundamente pero a Joao pouco lle importa pintar o parvo e quixo ir de pirata así que a nai colleu un disfrace de cando eu tiña oito anos e foi de pirata tamén.
 
Miña nai cunha saia miña, case se lle vía o cu!
Canta vergoña pasei pola rúa!

Vimos un restaurante chino e decidimos entrar, cal foi a sorpresa ao saber que premiaban aos comensais que foran disfrazados, que sorte tiveron os condenados, déronlle cadanseu agasallo.
E rían de min. 
- Estívoche ben, viñeras de entroido ti tamén. Dicíanme.
A Joao tocoulle unha pulsera moi bonita e a mamá un peluche dun unicornio. Non deberían darlles nada, pasaron todo o xantar rindo e facendo parvadas, dunha vez ata lles voou un prato polo aire que foi bater nun camareiro, menos mal que era de plástico. A nai resolveu dicindo que os piratas eran así, algo brutos de máis.

Joao estaba simpatiquísimo, dicíalle a mamá:
- Críame, críame...
Pero facíao en voz alta, que vergoña!

O malo foi que non comeu case nada. Polo contrario eu si, escoiteilles dicir a papá e a mamá que estaba moi maior e que daba gusto sacarme por aí. Servinme eu soa, probei de todo, dixen por favor e grazas...
Di miña nai que precisamente por iso teño vergoña, porque xa vou maior.
- E ti que? es grande e non tes vergonza.
- No entroido a vergonza queda na casa. Vistes como me quedaba o teu traxe, non debo estar tan gorda como dis.
Mellor non comento mais nada.
 



2 comentarios:

  1. carla, cando te vin na primeira foto pensei, mimá a carla ten posto un xersei meu, jajajja ijualito!
    pois eu nada de antroido, nunca me acabou de convencer, ainda que en ourense me teño disfrazado moito! jajjaja Vica iba moi guapa e Joao,pégalle moito o disfraz de pirata!

    ResponderEliminar
  2. Manda truco, estame dicindo Carla que se acorda perfectamente do xersei que dis que é como o dela, eu teño que recoñecer que non me acordo nadiña, que lle imos facer. Grazas polo de guapa, non se escoita todos os días, jajaja.

    ResponderEliminar

Anímate a dicirme algo: