A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

domingo, 9 de febreiro de 2014

PARA MIÑA NAI

Desde que o domingo pasado mamá me ensinou como se fan presentacións no Power Point eu estiven practicando e fixen unha para ela.
Quedou coa boca aberta e conseguín emocionala, tanto que me explicou como poñerlle música e converter a presentación nun vídeo.
O que me dixo foi: vaia, xa tes máis gusto ca min para facer traballos no power point, calquera día destes supérasme tamén cos vídeos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: