A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

martes, 18 de febreiro de 2014

COMEMOS SACOS


Comemos sacos e que bos estaban.
A miña tía Pili, da que xa falamos noutras ocasións, é unha cociñeira profesional que traballa nun recoñecido restaurante da cidade.
O domingo mandounos uns manxares exquisitos dos que demos boa conta.
Unha das comidas eran sacos de pasta recheos de queixo do Cebreiro con lacón.
Eu, que non son nada lambeteira e que non me gusta andar probando alimentos novos, nesta ocasión non me puiden resistir. Estaban impresionantes.
Para a sobremesa fíxonos unhas empanadiñas recheas de marmelo e unha torta de mazá que a pouco máis a como eu soa. A familia quedou tan sorprendida do meu repentino apetito que me deixou repetir ata que xa non fun capaz de comer un bocado máis.
E o meu tío Jose comeu tantos saquiños que pensamos que ía estralar como unha castaña. Aguantou coma un campión o envite e Carmela levoulle os que sobraron para a cea.
Xa ves Pili que somos uns bos comensais, non deixamos nada no prato.
A ver cando podemos saborear os teus manxares xunto coa túa compaña.
GRAZAS TÍA PILI!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: