A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

UNHA FAMILIA FELIZ

Non hai fotos desta entrada, quedamos tan abraiados que non nos acordamos de fotografar.
Era sábado e fomos á aldea. Chegamos á hora do xantar e atopamos unha familia feliz que nos deixou coa boca aberta.
Encontramos a Juan e a Vero sentados á mesa xunto con Yerai. Estaban moi namorados e o xeito que tiñan de demostralo era tirándose a comida uns aos outros.
Juan lanzáballe o que tiña no prato a Vero e a Yerai e eles facían o mesmo mentres que os tres escachaban de risa.
Nas paredes había alimentos pegados de outros xantares. Era incrible.
Menos mal que só foi un soño do meu pai.

2 comentarios:

  1. Menos mal que todo foi un soño!!! imaginate quen teria que limpalo despois....jajajja

    ResponderEliminar
  2. Xa me gustaría verche a cara cando empezastes a ler esta entrada! jajaja

    ResponderEliminar

Anímate a dicirme algo: