A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

SE PIDES UN LIBRO...

Se pides libros tráenche dobre.
Todos os anos me pasa igual, teño que facerlle a carta aos Reis Magos despois do meu aniversario para non ter agasallos repetidos.
Polo cumple regaláronme todos os xoguetes que quería así que nos Reis pedín só libros.
Os meus pais dixéronme:
Os nenos que lle piden só libros aos Reis, tráenlle dobre.
É certo, a min pasoume.
Comprobeino este ano, trouxéronme os que pedín e outros tantos.
Canto teño para ler!
Grazas Reis Magos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: