A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

QUE PLANTAMOS ESTE ANO?

Xa ven sendo habitual que plantemos algo na ventá, xa sexan tomates coma o ano pasado, xirasois fai dous anos...
Cando se nos ocorría facelo xa era un pouco tarde e non nos quedaba moito onde elixir polo que este ano decidimos preguntar antes de que chegue a primavera.
Nós algo imos plantar pero si ti nos axudas, mellor.

Plantas comigo?

Ten que ser unha planta que precise pouca terra e que non sexa demasiado delicada. Pensamos en fresas, cenorias, leituga... 

Cal será a mellor opción?

Ben sabemos que a algunhas persoas non lles presta escribir no blog, non pasa nada, manda unha mensaxe ao correo electrónico, ao facebook de mamá, ao whatsapp, somos unhas mulleres moi modernas, participa cos instrumentos tecnolóxicos para facer natureza nunha ventá, verás como dará os seus froitos.

2 comentarios:

  1. Pois a min unhas fresiñas non me parecería mal. Vaia por diante que non entendo NADA DE NADA de plantas nen cultivos. Un bicazo, que che teño un pouco abandonada!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Rosa, pois mira ti que xa nolo dixeron varias persoas e papá di que pode ser boa opción. Agora a pregunta debería ser: cando deixará de chover? porque senón non imos poder plantar nada!

    ResponderEliminar

Anímate a dicirme algo: