A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

venres, 3 de xaneiro de 2014

QUE LLE PASA A ESTE MAGO?

Mirádeo ben, notádeslle algo raro?

Pásalle que ten unha man dunha cor e outra doutra.
Este Belén mercárono meus pais cando eu fixen un ano e desde aquela levo xogado moito con el. Logo naceu meu irmán e veña a seguir xogando tamén el.
Todos os anos hai a mesma discusión na casa. Papá rífanos porque xogamos coas figuras do Portal e mamá replícalle - déixaos estar, cando rompa rompeu. É deles.
En realidade tampouco xogamos moito, só os primeiros días de poñelo. E mesmo non rompe tanto como din, o único que non se salvan son as mans dos Reis Magos, acabamos con elas, un deles está manco de todo.
O noso pai non para de pegarllas pero Joao insiste en darlles golpes ata que lles caen de novo.
Este ano papá trabucouse e pegoulle unha man branca a Baltasar, moito rin porque no primeiro momento non se daba conta do erro.
Espero que os Reis non nos teñan en conta estas bromas. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: