A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

sábado, 25 de xaneiro de 2014

O REGALO DE MARTA





Non sabemos ben como foi pero o caso é que Marta instalouse para quedar nas nosas vivencias formando parte de O Corno do Boi e dos nosos contos.





Falamos dela noutras entradas:
 QUEN NON CHORA NON MAMA
e tamén aquí:
MARTA DORADO


Dixo que lle gustaran tanto as miñas magdalenas e o meu debuxo que agora foi ela quen me fixo un agasallo a min.
Onte mamá díxonos que ía cear fora. 
Con quen vas? Preguntoulle Joao.
- Vou con catro espécimes raros: Jack Sparrow, Marta Dorado, a miña profe de Audiovisual e con unha Fada.

Cando vai con elas sempre volve cun gran sorriso pero desta vez tamén me trouxo unha sorpresa de parte de Marta Dorado, un estoxo cun bolígrafo, ambos os dous preciosos.
Xa o usei para darlle as grazas e tamén para xogar inventando historias miñas, di mamá que estas catro persoas teñen unha cousa especial e que irradian maxia, igual prendeu tamén no que xa é o meu boli e o estoxo, e que penso levar ao cole. 
Doulle as grazas a Marta través do blog e esperamos vela axiña para que tamén nos faga rir aos que quedamos na casa.
Pica no vídeo:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: