A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

luns, 23 de decembro de 2013

TRES INTRÉPIDOS BELÉNS

Que ben se está de vacacións.
Que ben se está na casa.
Que ben se está sen estudar.
Que emoción estar á espera do meu cumple.
De cada vez que mamá viña ao cole sempre miraba a exposición de Beléns que tiñamos na entrada e facíalle gracia ver estes tres e pensaba que seguro que os que estaban ao lado do meu tiñan que ser de dous irmáns.
Non descubriu que eran de Guille e Candela ata o derradeiro día de cole. E sacoulles unha foto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: