A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

mércores, 18 de decembro de 2013

QUEN NON CHORA NON MAMA

 

Miña nai di moito o de "Quen non chora non mama".
Está comprobado que si.
Fai uns días viñeron unhas amigas de mamá a pasar a tarde connosco.
Eu fíxenlles magdalenas para tomar co café, coa axuda de mamá por iso de non queimarme.

 


Unha das amigas dixo que si cando lle preguntei si quería levar tamén para o almorzo.





E despois pediume un debuxo.
Prepareille unha caixiña con todo e gustoulle moito.
A outra amiga non pediu nada e eu nada lle fixen. Agora mamá e eu estamos pensando que tamén lle deberíamos ter feito un agasallo, algo se nos ocorrerá para cando volva.

Joao e eu rimos moito con elas dúas. Queremos que volvan!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: