A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

martes, 10 de decembro de 2013

KAT

Publicado por: A NAI

Se na miña man caese a variña máxica dos desexos un deles sería un posto de traballo á altura de KAT, unha fermosa muller coa preparación necesaria para arrasar nos medios de comunicación e en calquera outro lugar onde as fotos, os audios e as visións pretendan ser de calidade e reflexo da realidade actual.
Cada mañá e durante varios meses abría a porta dunha sala informática e atopábame coa súa mirada, as veces alegre, outras triste, en modo seta ou estado zen, invernando ou arreando zapatilla,  e pensaba "que bonita moza", cando medre namorarei da súa beleza.
Tranquilízaa saber que entrei en idade de non medrar e permíteme esta e outras brincadeiras nos cafés, nas ceas e en calquera ocasión na que nos reunimos un grupo do que me sinto orgullosa de pertencer.
Mais como adoita pasar na xente especial a maior fermosura agóchase no interior, encántanme as persoas que como ela non necesitan presumir para se sentir ben.
Pon en mans dos demais os seus coñecementos sen pedir nada a cambio, enmaqueta, procesa vídeos e fai que as fotos dancen ao son de músicas activistas, feministas, doces, melosas ou amargas.
Un potencial que non debemos deixar marchar da nosa terra.
Bravo, bravo, bravo!
Bravo por KAT!

Atopei para ela unha fotiño dedicada ao seu acedo humor:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: