A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

sábado, 2 de novembro de 2013

PEDIMOS OPINIÓNS

Supoño que notariades que nos últimos tempos eu cada vez escribo menos no Corno e miña nai faino máis.
Teño que aclarar que non é debido a que me  estea invadindo o meu blogue coas súas cousas, non, de cada vez que escribe algo ten o meu permiso previo.
Pásame que xa vou un pouco aburrida deste diario, quero facer cousas novas e estamos nunha etapa que non temos claro que facer con O Corno do Boi, a min gústame que ela escriba e poña historias así que estamos decidindo se o mellor será que llo regale, que faga un para ela ou seguir así, ela poñendo a miña voz para transmitir o que eu penso ou sinto.
Podedes opinar se queredes, igual nos serve de axuda para tomar unha decisión.

16 comentarios:

  1. Ola Carla como vas, mira vexo que estamos nun momento ata parecido!

    Eu ando facendo moitas cousas cas mans , e traballando moito nun montón de lugares grazas o que fun creando en mimadriña, pero neste intre cando chego a pantalla en branco para escribir en mimadriña, cóstame moito, pero mira eu tómome as cousas así, hai momentos que teño máis de blog e outros momentos fago máis cas mans ou con outras cousas, para min madriña está ahí sempre, e so quero escribir cando me sae realmente do corasón, e o que fago e escoitar o queme di o corpo, non pasa nada que non queiras escribir, todo ten o seu momento! E si decides non escribir máis no blog, tamppouco te sintas mal, non pasa nada, a vida é iso,etapas, e si o corno do boi remata,outro blog nacerá, ou outro proxecto, pasoume tamén cando deixei de escribir en insomniorizar e o noso amigo Víctor tamén pasou por iso.Non pasa nada carliña, ti vive, eso é o importante, empápate das cousas, sigue a trasnmitilas sexa na rede ou ca xente que tes arredor, e sorri sempre por que eres moi grande e co tempo cando medres e vexas este blog dirás: mimadriña!

    Non teñas dubida nunca do importante que é este blog.

    E a mamá dille da miña parte que tamén é moi grande por criarte a tí e a joao, todo isto saiu do seu ser, así que mimadriña querida!

    Dille tamén que eu estou encantada de que escriba cousas neste blogue, pero eu creo que ela debería ter o seu propio blogue, co seu propio espazo para a súa reflexión e esas cousas que ela xa sabe, por sposto que na presentación do seu blogue novo ten que dar conta da súa pegada aquí, pero ela e moita nai, e debe ter o seu propio blogue de nai, estarei encantada de seguila e sei que ten o potencial para que ese novo blogue sexa moi grande!

    jajajjajaja, vaia comentario máis largo me saiu, jaja, e bueno esta é a miña opinión ,nada máis, o importante, facer o que vos diga o voso corpiño e os vosos corazóns!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mimadriña querida, que grande eres Palmira. Grazas polas túas palabras.

      Eliminar
  2. Ola Carla, pensa que o que levas feito até o de agora é... unha pasada! Estou de acordo con Mimadriña en que non pasa nada se non che apetece escribir máis, iso ten que ser algo que che apeteza, que o fagas con gusto e desfrutes facéndoo. Un biquiño e fagas o que fagas, estará ben!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Rosa por lle contestar, a verdade é que me gusta tanto que me custa perchar O Corno, aínda así farei o que ela diga. Esta filla miña ten moito carácter.

      Eliminar
  3. Se decides rematar, foi bonito mentres durou. Se esta porta se pecha outra se abrirá con novos aires seguro. Moitos bicos!

    ResponderEliminar
  4. Muller, poder podes pechalo, pero que pena me dá. A nós gústanos moito por ser unha ferramenta áxil de fresca información, amena, encantadora. Pero se queres deixar de escribir no teu propio espazo da rede, faino. Iso sí, non deixes de soñar!

    Antón (Anpas da Costa da Morte)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A Carla deixar de soñar non creo que deixe nunca, como di o seu médico, "ten unha grande carga xenética enriba", paréceme que tamén a ten no de soñar. A min tamén me da pena pero a cousa non vai quedar aquí, xa argallarei algo para seguir contando cousiñas. E para ter enlaces moi interesantes de páxinas que non hai que deixar de ver!

      Eliminar
  5. Decidas o que decidas estará ben, pero Palmi ten razón, o mellor é que crees un espazo de teu, dende o principio e o fagas medrar coma a ti che pete... e dicho ;).
    Un bicazo para as dúas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tomamos nota da túa recomendación. Outro bico para ti tamén e moitas grazas por terche aquí, unha honra que nos escribas.

      Eliminar
  6. Luisa Abad20:55, 03/11/13

    A min gustábame moito ler o que escribías Carla. Igual estás cansa e precisas unhas pequenas vacacións para volver con máis forza!! Por mamá non te preocupes que ela ten moitos recursos. pensa no que queres facer ti. Biquiños dunha fan!!
    .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moito lle gustou a Carla o teu comentario. E a min como me emociona que nos escribas no blog. Miles de bicos!

      Eliminar
  7. E unha cousa Carla, se decides parar, non o peches, deixao, aínda que non escribas, hai xentiña que de vez en cando pasaremos por aquí!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E logo esta rapaza, será quen de pechalo despois de ler todos os comentarios que lle puxéstedes? A min é que me emocionades ao ver que estades aí detrás!

      Eliminar
  8. Ola Carla:
    Son Anlle a túa profe de infantil e 1º ciclo, non me gstaría qe pechases o blogue, se queres descansar, faino, pero mentras a túa nai pode seguir con él.
    Ánimo!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Canto me gusta que nos escribas, ti fostes a que nos animou a empezalo e ti eres a que nos dou a solución ao dilema. Si, imos seguir co Corno do Boi, unhas veces escribirá a nai e outras a filla, será un espazo compartido. Moitos bicos.

      Eliminar

Anímate a dicirme algo: