A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

luns, 11 de novembro de 2013

MARTA DORADO

Escribe mamá:

Podería comezar dicindo que MARTA DORADO é toda unha muller pero quedaríame curta na definición.
MARTA DORADO é moitas mulleres xuntas nunha soa muller.
Gosta de falar os sete falares tocando cunha espléndida e amena conversa tódolos paus da baralla. Por iso sempre lle aconsello que debería adicarse aos monólogos e incítoa unha e outra vez a cambiar de profesión máis ela empérrase en manterse na liña da artesanía que tan ben sabe facer.
MARTA DORADO traballa o coiro cun proceso totalmente artesanal e artístico para o cal utiliza diversas técnicas e acabados.
O que máis me atrae dela é que ademais de falar tamén sabe escoitar, imprescindible para levar a cabo o que ela fai.
As pezas que deseña adoitan ser por encargo e personalizadas  conseguindo facer para a clientela artigos únicos e exclusivos. Como se arranxa non o sei pero a realidade é que coas dotes de observación e o seu sociábel carácter acaba sabendo os gustos e desexos de quen lle fai o encargo. Logo as súas mans fan o resto.
Déixovos un enlace ao seu novo catálogo, unha xoia en pel, ideal para os agasallos do Nadal pero tamén para calquera outro momento do ano, non hai cousa que MARTA DORADO non che saiba deseñar. Bótalle un ollo e xa lle contarás:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: