A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

domingo, 13 de outubro de 2013

UNHA SEÑORA DE 45

O outro día mamá estivo de aniversario, cumpriu 45 anos e Joao e eu preparámoslle unha festa no almorzo e outra na comida.
Tamén lle demos uns agasallos que lle gustaron moito.
Foi idea miña regalarlle un libro. Primeiro pensei nun de Manuel Rivas pero estiven tirándolle da lingua ata conseguir saber cal era o próximo que quería ler. Acertei! púxose moi contenta porque xusto ese libro non o daba atopado na biblioteca.
E o outro regalo foi un vale que ten que cambiar por un PC, é dicir, un ordenador.
Isto si que lle molou un montón. Papá díxolle:
- Entendestes mal. Carla, que é medio de "LaCuesta" tamén, puxo no vale "pese", e o que quería dicir era "peixe", non vaias pensar que era un pece (ordenador).
E rimos co chiste.
(Que non se preocupe ninguén, as bromas dos meus pais non hai quen as entenda, eu agora xa llas pillo pero bo traballiño que me custou).
Tamén lle dixemos que tomase o día libre e descansara. Só tivo que facer de comer e limpar a casa pero eu axudeille, de verdade que si.
De todos os que a rodeamos é sabido que o día do seu aniversario o primeiro que fai é chamar á súa nai para dicirlle:
- Felicidades, fai 45 anos que tivestes o que desexabas: unha nena.
Como miña avoa xa vai cansa desta graza da filla, este ano, ao ver a chamada xa se adiantou e díxolle:
- Felicidades, señora.
Vaia armou! mamá toda sulfurada contestou:
- como que señora! unha muller que cumpra 45 anos non significa que xa teña que ser unha señora.
Despois duns segundos de tenso silencio, botáronse a rir as dúas.

MOITOS PARABÉNS DOS TEUS FILLOS, SEÑORIÑA!

1 comentario:

  1. ohhhhhhh felisidades señora de 45!

    carais non tiñas pensado convidar a caramelos? Bueno terei que levalos eu!

    ResponderEliminar

Anímate a dicirme algo: