A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

sábado, 17 de agosto de 2013

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA



Que boa idea tiveron os meus pais de levarnos á inauguración da exposición de fotos antigas que organizaron as mulleres de Sada e baixo a dirección do noso amigo Victor.
Grazas ao interese que ten o meu pai por ensinarme a historia da Coruña a través de fotos antigas podo apreciar o importante que é unha exposición destas.
Teñen unha páxina web na que xa levan recompiladas 1.024 fotos cos seus correspondentes textos:


 e nela din:

 cremos firmemente que coñecer algo é o primeiro paso para amalo


Felicitamos á xente que o fixo posible e en especial a Victor González, como ben di sempre unha gran amiga súa: é un crac.

4 comentarios:

  1. Oh, que honra saír no corno do boi! Alégrame ben que che gustara. Graciñas por vir. Para min si que foi unha alegría e sorpresa vervos alí.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como non íamos ir! sabendo como sabemos do moito que levas traballado, pareceunos un traballo cargado de gran emotividade para a xente implicada. E moi agradable a quedada na Terraza, os nenos viñeron contentísimos de ir. Moitos bicos. Vica

      Eliminar
  2. vamos eu creo que nesta expo estábamos o melloriño a blogoesfera! jajaajjajaajja as mulleres de sada, a mimadriña, o corno do boi , a rocha da balea e angel, mimaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vou contar unha confidencia dese día. Carla quedou alucinada ao comprobar que algunha xente que estaba alí a coñecía polo Corno do Boi, non mo comentou pero pola cara que puxo sei o que estaba pensando cando a pararon na entrada de exposición e lle dixeron: ti eres Carla, a de O Corno do Boi! ou logo cando estabamos na Terraza e comentástedes o de "por fín te decidistes a publicar o teu recital de Rosalía" creo que quedou pasmada ao ver que estades aí detrás seguíndoa.

      Eliminar

Anímate a dicirme algo: