A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

mércores, 14 de agosto de 2013

CAMPIONATO GALEGO DE SALVAMENTO ACUATICO

Nesta ocasión a palabra é impresionados.
Así quedamos meus pais, Joao e eu o sábado con este duro deporte tan pouco coñecido pero tan completo e diferente.
Toda unha experiencia de xente nova enfrontándose ao mar, gozando do mar.
Foi na praia de Sabón, onde o pasado fin de semana tivo lugar a final do campionato galego de salvamento en augas abertas.
Estivemos vendo como competían en diferentes probas, como a de correr na praia, correr-nadar-correr, rescate...
Nun escenario de mar embravecido, a marusía conseguía sacar das  rapazas e rapaces participantes aínda máis doses de valor cun forte desexo de superación e maior a destreza para competir.
Parecía imposible que foran capaces de nadar en tales augas e velos meterse poñíanos os pelos de punta.
Logo de saír esgotados e recibindo palabras de felicitación e ánimo percibíase no ambiente un doce recendo a compañeirismo e amizade entre os compoñentes dos diferentes clubes.
É unha magoa que un deporte tan adecuado para a nosa costa sexa tan pouco coñecido.
Tamén comprobamos que para levar adiante un adestramento deportivo deste tipo é fundamental o apoio incondicional das familias, o seu empeño por sacalo adiante, iso xunto cos adestradores ao pé do canón en todo momento e sobre todo o esforzo por manter a constancia dos mozos e mozas renunciando a outros leceres aos que puidesen adicar o seu tempo libre fai do salvamento un deporte duro e apaixonante a un tempo, ademais do altruísmo que supón prepararse para salvar vidas.
A partires de agora estaremos pendentes para volvelos ver ou quen sabe se Joao ou eu non nos animemos algún ano destes.
Por se a caso ímonos preparando:




A reporteira do campionato

O axudante da reporteira

O noso papaventos papou a papa, vaia vento!


Para saber máis deste deporte que prepara a persoas que en algún momento nos poden salvar a vida:

http://fessga.es/Clubes.html
Club SAL
SALVAR
SASA

FELICITACIÓNS A TOD@S @S PARTICIPANTES

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: