A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

luns, 26 de agosto de 2013

AS REDACCIÓNS DA NOSA ESCRITORA ANA

Xa temos  falado outras veces sobre Anita e da súa facilidade para escribir.
Tamén temos unha sección neste blogue chamada Aprendendo con Anita onde imos poñendo vídeos que facemos xuntas. Incluso eu lin unha redacción que escribiu ela e que a mamá lle emocionou, titulada Mis primeros recuerdos de la infancia.
Pois hoxe queremos contar sobre a carpeta de redaccións que Anita escribiu este curso pasado en 1º da ESO. Está tan interesante que leveina unha semana para a miña casa e lina como se fose un libro de contos. Sorprendeu ata ao seu profe de lengua, ao cal lle encantaría ver que no futuro Anita lle adicase un dos seus libros. É que Anita se quere pode ser escritora, unha gran escritora.
Os domingos de verán en Cambre seguen a ser tan marabillosos coma outros anos, e co bo tempo que tivemos pasámolo a tope na piscina, na que buceamos, nadamos, fixemos ximnasia rítmica... 
Con dous anacos das redaccións de Anita e as nosas interpretacións na piscina saíu este vídeo:
 A miña nai dille moitas veces a Ana:

Le, Anita, le. Le moito. É o que fixeron as grandes escritoras e escritores, leron moitísimo. Ademáis, a lectura vai ser a túa segunda amiga máis fiel, porque, como ti ven dis nas túas redaccións, a primeira mellor amiga túa eres ti mesma.

Le, Anita , le. Le moito.


E para estar informada recomendámoslle un enlace ao blogue da nosa biblioteca onde teñen un apartado no que os propios lectores adolescentes recomendan os libros que máis lle gustan, non deixes de miralo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: