A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

luns, 19 de agosto de 2013

AMIGAS DE NACEMENTO

Lucía e eu nacemos o mesmo día, compartimos habitación no hospital e desde aquela somos amigas. Ao primeiro foron as nosas nais as encargadas de que nos vísemos de cando en vez pero agora xa nós mesmas queremos quedar e pasar a tarde xuntas, como fixemos este verán. Un día  ven ela e seu irmán á nosa casa e outro fomos nós á dela.
Lucía debuxa fenomenal. Fíxonos un debuxo dun gato moi bonito.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Anímate a dicirme algo: