A Filla: Mólanme os libros, respecto a natureza e gústame compartir.

A Nai: Non esquezo que eu tamén levo unha nena en min.

mércores, 19 de xullo de 2017

OUTRO DENTE DE JOAO

Desta vez escribe a nai, Joao e Carla están demasiado ocupados para andar escribindo nada.

Estamos no camping de sempre pasando o mes de xullo e están tan integrados que xa parecen os xefes, sobre todo Joao, a quen os amigos de todos os anos o queren a rabiar, ata lle saíron un par de admiradoras e todo, non para de recibir cartas de amor...

O caso é que onte pola noite estaban nos xogos e nun tropezo Joao fíxose dano porque bateu con Carla, deu no beizo e caeulle un dente, que penso é de leite. Rebuscando nas entradas que levamos feitas da caída de dentes dos dous veume un aquel de publicar esta entrada para rememorar no futuro, poño de menos aqueles días que escribíamos Carla e eu.


A cancela de onte foi a da súa dereita, o outro caeulle fai pouco máis dun mes.

sábado, 18 de marzo de 2017

CON RUMBO POLO MUNDO

De: Joao
Para: Anita

Ola Anita, 

Teño moitas gañas de verte. Moitas non, moitísimas.

Este ano no meu cole estamos traballando o proxecto CON RUMBO POLO MUNDO. 

Está xenial porque coñecemos moitos sitios diferentes.

Tamén tivemos que facer un traballo para expoñer na aula. Eu fíxeno do meu barrio. 

Acórdaste cal é o meu barrio? Eirís!!!

Pois adícocho a ti, para que non me esquezas.

Miles de apertas e de bicos, acórdate de volver. 

Canto me gustaba cando nos coidabas!


xoves, 27 de outubro de 2016

SAMAÍN 2016

E chegou o ano no que volvemos facer unha soa cabaza.
Agora Carla vai no instituto e xa lle queda a cousa pequena, menos mal que temos ao Joao, que ven pisando forte. Ten moi claro o que quere, unha cabaza que de medo, e vaia se da, ata come nenos.

Con que orgullo levaba hoxe a súa creación ao cole, nunca o vira tan fachendoso.

domingo, 9 de outubro de 2016

CAMBRE 2016

Este vídeo se lo enviamos a Anita, que este año está en Estados Unidos.

Estamos todos muy contentos de que estés bien con tu familia y amigos estadounidenses y aunque te echamos de menos, deseamos que aproveches a tope cada segundo de este curso tan importante para ti. Te enviamos un vídeo donde te puedes ver en vuestra piscina, ya sabes, "esos maravillosos domingos en Cambre" que todos los años guardamos en el corazón.
Muchos besos y espero que te guste.

mércores, 5 de outubro de 2016

O MEU PÉ

Froito dunha escorcedura agora o meu pé quedou branco como a neve, menos mal que as amigas encárganse de decoralo con fermosas dedicatorias.

martes, 20 de setembro de 2016

CUARTO DENTE DE JOAO

Agora si que parece "el cuñao".
Ademais do que significa a caída do seu cuarto dente tamén ten outra connotación a raiz dunha conversa que tivo comigo, a súa nai. A el parécelle que o Ratiño non existe, que vou pola noite, póñolle cartos e tiro co dente. O caso é que hoxe pola mañá, debaixo da almofada había unha nota que dicía:

"LA VERDAD NO TIENE PRECIO"
- Pérez -

E non había cartos nin dente.
Como é de esperar, Joao enfadouse, díxome que o escribira eu (para nada se parecía á miña letra) e que o Ratiño se ía enterar!
Só podo afirmar que eu non fun, e Carla tampouco.
Díxenlle a Joao que reflexionase, a ver que podería significar esa frase pero de momento aínda segue demaisado enfadado.

A Carla caeulle outra moa mentres estaba no Instituto, non a atopou.

luns, 29 de agosto de 2016

DE VACACIÓNS NA PANADERIA DE ÁNGELES

E para non parar de viaxar volvín marchar, desta vez para a panadería das Travesas, a de Ángeles, onde pasei uns días con Lúa. Foi super guai, andivemos en bici, íamos ao noso aire, ceabamos fora, íamos andar de noite, estivemos nunha festa na práia...
Ángeles contoume as aventuras dela e de mamá cando eran coma nós. Foi estupendo.
Agora ten que vir Lúa visitarme, espero que sexa pronto!

mércores, 17 de agosto de 2016

MOAS DE CARLA

En xuño caeume un dente (ata meu irmán se sorprendeu de que me viñese o ratiño) e hoxe a primeira moa (aínda que veña o ratiño espero que non me atope porque vou pasar uns días á casa dunha amiga).

sábado, 13 de agosto de 2016

CAMPAMENTO ESPIÑEIRA EN BOIRO

Este ano fun aos campamentos da Xunta, máis en concreto, ao de Espiñeira, en Boiro. Foi xenial, a temática eran de artes escénicas pero as actividades eran o de menos, o que o facía tan marabilloso eran os monitores, tan fantásticos todos. Foi moi especial.

No blogue do campamento ían contando a crónica de cada día, como o van borrar para comezar a próxima quenda, mamá tivo a idea de ir copiandoa no meu blog para que nos quede de recordo.


CRÓNICA DO CAMPAMENTO ESPIÑEIRA - BOIRO - 2016


miércoles, 3 de agosto de 2016


Día 1

Chegamos ao campamento! Xa estamos aquí! Os monitores e monitoras recibíronnos con moitos xogos de presentación e predeportivos. Aprendín os nomes de moitos compañeiros e xogamos a canasta de froitas, o champiñón, a catpunchimpum e algún máis, tamén aprendimos cancións como a do Pirata e a do Animal particular. Despois de cear, os monitores prepararónnos unha velada, isto é o xogo que facemos cada noite antes de ir a durmir. Na de hoxe fixemos dous equipos: marisqueiras contra furtivos!! A presentación foi moi divertida porque os monis fixeron un teatrillo moi gracioso. O pasamos moi ben! Como era a primeira noite estábamos moi excitados coa emoción do primeiro día e as 12 xa estabamos todos nas nosas tendas. Os nosos monitores de tenda viñeron a preguntarnos como foi o día e a desexarnos boa noite. Foi un comezo xenial! A ver que nos preparan mañá... Déixovos unha foto dos nosos monis



Día 2

Comezan as actividades! Esta mañá despois do almorzo creamos os grupos cos que faremos as actividades rotativas. En Orientación explicáronnos técnicas para guiarnos na natureza; repartíronnos brúxulas e mapas e fumos capaces de atopar os enigmas que estaban agochados ao redor do campamento. Aprendimos o que é unha brúxula: "unha véllula montada nunha escóbula".
E en Titiriteiros montamos e desmontamos tendas de campaña, e gardalas non era tan doado como parecía! Nesta actividade tamén aprendimos algúns "truquillos" imprescindibles para ser uns campistas profesionais :) Tivemos unha actividade de Expresión e relaxación na que aprendimos a controlar a nosa respiración. Parece ser que en yoga hai moitos tipos: respiración de fogo, de can,... Tamén fixemos un saúdo ao sol e moitas posturas como a do corvo, a do guerreiro ou a da cobra. Na merenda chegou un monstruo! O "Bocachancla" está sempre famélico e aliméntase da roupa, cantimploras, gorras e cousas que deixamos perdidas polo campa. Menos mal que está sempre no comedor localizable para poder recuperar o que perdimos entre as súas garras. E a velada foi moi divertida! Non queríamos que rematara o xogo, máis tiñamos que ir durmir para estar frescos o día seguinte! Aquí tedes unha foto do que fixemos hoxe



Jueves, 4 de agosto de 2016


Día 3

Hola! Hoxe choveu pero iso non foi impedimento para facermos todas as actividades!! En Circo aprendimos técnicas para traballar o equilibrio e a coordinación de movementos sobre o slackline, unha cinta tensada entre dúas árbores que percorrimos coa axuda dos monitores. Tamén camiñamos en zancos e sobre a "Rola bola" un tablón apoiado sobre un cilindro no que era moi difícil manterse en pé, pero moi guay cando o conseguíamos. Fixemos unha actividade que se chama Estreliñas, na cal resolvimos enigmas, un dos acertixos que resolvimos era o seguinte: "cal é a letra que completa esta serie: UDTCCSSND?" Mañá teredes a resposta para que xoguedes coma nós! Durante esta rotación tamén xogamos a improvisar actuacións, tiñamos un minuto para preparals e saíron cousas moi inxeniosas. E ademáis fixemos Baile, as monitoras ensináronnos coreografías de baile moderno e como algúns de nós xa fixéramos algunha vez esta actividade puidemos axudar a crear pasos.Na velada xogamos a Pokemon Go! Algúns monis eran entrenadores pokemon e se superábamos as súas probas dábannos a súa medalla, tamén tiñamos que intentar cazar aos Pokemon que andaban correndo polo campa, o máis difícil era Pikachu, por suposto! Boa noite, imos durmir zzzzzzzzzzzzzzz

Día 4

Ola :) Na segunda parte de Teatro, fixemos uns xogos cos que aprendimos técnicas para falar, movernos e actuar enriba dun escenario. En Circo convertémonos en clowns con narices vermellas! Fixemos xogos de confianza e uns exercicios para crear o noso paiaso según a nosa personalidade. Despois en Estreliñas fixemos un xogo de estatuas moi divertido, unha parella saía o medio do círculo a interpretar un persoaxe e cando alguén daba unha palmada se paraba a acción e cambiábamos de persoaxe; gustounos moito a todos e todas. Xogamos a modo de competición e cando un grupo o facía ben, berrábamos todos: Correti! e se o facían xenial: Ilumineti! Tamén continuamos con Baile e aprendimos diferentes danzas do mundo, pasamos por tódolos continentes e cando pasamos por Europa paramos en Galicia e bailamos unha muiñeira :) No tempo libre podíase escoller entre moitas cousas: había xente xogando a fútbol, outros a baloncesto, outros facendo malabares, algúns facendo máis exercicios de equilibrio sobre o slackline, outros falando por teléfono, ... Tamén algúns de nós aproveitamos ese ratiño para facer estas monecas chamadas en Guatemala: "quitapenas". Din que pola noite se lles contas as túas penas e as pós debaixo da almofada, ao día seguinte desaparecen! Non estamos seguros de que funcione, máis quedaron moi bonitiñas! :)Por certo, a resposta do acertixo de onte era: "Un, Dous, Tres, Catro, Cinco, Seis, Sete, Oito, Nove, Dez". Ata mañá.

sábado, 6 de agosto de 2016


Día 5

Hoxe fumos de excursión! Apetecíanos moito baixar a praia! Baixamos cantando moitas cancións de campamento, algunhas as coñecíamos, máis aprendín algunha nova como a do Ornitorrinco ou a do Animal moi especial. Ao chegaren fumos a praia. Alí os monitores tiñan preparados moitos xogos como uns relevos con probas, un voley toalla e a rosa dos ventos. O voley toalla foi moi divertido e ninguén imaxinaba no que consistía. Xogábamos en parellas e tiñamos que soster entre os dous unha toalla coa que lanzar o balón. Por suposto tamén nos metimos na auga, aínda que estaba un pouco fría, pasámolo xenial. Despois comimos os bocatas de picnic e encantounos o de atún con tomate e leituga, estaba fresquísimo! Pola tarde fumos a vila de Boiro e fixemos un xogo fotográfico, tiñamos que conseguir fotos de diferentes cousas: todo o grupo coa cabeza metida nunha fonte, atopar unha matrícula cos número menores de tres, conseguir un ovo fritido, unha cun policía e o seu sombreiro, ... Gañaba o equipo que conseguira a maior puntuación, un deles acadou máis de 500 puntos!! Pola noite fixemos un xogo cun presentador moi especial: Super Puca! Eramos dous equipos e fixemos probas de cancións e bailes. Tamén houba unha na que 4 nenos tiñan que darlle de comer a 4 monitores  unhas natillas sen cullera, imaxinade como acabaron... Vos deixamos unha foto da nosa baixada á vila.

Día 6

Hoxe convertémonos en creadores de marionetas na terceira rotación de Teatro e coa axuda dun proxector e unha sábana fixemos teatro de sombras. Primeiro o fixemos cas máns e depois nós mesmos deseñamos e recortamos os nosos títeres. Tamén comezamos a rotación de Lipdub, coa que seguiremos mañá, hoxe estivemos creando e ensaiando o noso videoclip, gustounos moito porque o inventamos todo e escollimos a música, a canción "Dime Sofia" de Álvaro Soler, aquí tendes o enlace da canción:https://www.youtube.com/watch?v=XyN-L1Wg0uc. O lipdub consiste nun video musical que fixemos os catro grupos pero cunha sola canción, cada un de nós grabou unha parte e despois xuntarémolo todo. Tiñamos que facer playback e sintonizar os nosos xestos e movementos. Hoxe deseñamos quén vai facer cada parte e estivemos ensaiando e facendo tomas falsas e mañá faremos a grabación final que ten que ser nun plano secuencia, é decir, nunha sola toma. A ver se nos sae a primeira! Onte ademáis, tivemos un súper momento, facía tanto calor que os monitores estiveron a regarnos coa mangueira, foi unha festa da auga improvisada! E pola noite rematamos unha velada recitando o conxuro da queimada e facendo unha versión da mesma para rematar o xogo da Noite meiga.

Día 7

As actividades de hoxe encantáronnos! E ademáis seguimos a ter moi bo tempo :) Fixemos Maxia, ensináronnos algúns trucos para deixar coa boca aberta aos nosos amigos, pero non puidemos convencer ao monitor de que nos contara o segredo de todos. Aínda así, todos levamos as nosas libretas e saímos da rotación cun bo feixe de anotacións para recordar os trucos que aprendimos. Un deles consistía en darlle a volta a unha botella de auga ¡sen tapón! E conseguir que non caera nin unha gota de líquido. Por suposto, acabamos empapados nós e os monis. En Lipdub rematamos a grabación do videoclip, foi complicado coordinarnos entre todos e fixemos moitas tomas, máis quedou xenial e temos moitas ganas de velo proxectado o derradeiro día. E Acrosport foi un exitazo!! Tiñamos moitas ganas de facer esta actividade e creamos figuras como unha pirámide ou unha torre entre todos nós. No Moucho, que é o momento de xuntanza que facemos cada noite despóis da cea, case todos coincidimos en que foi a actividade que máis nos gustou do día! Quedou recollido na acta que escribimos!


Día 8

Hoxe voltamos á praia! Estamos a ter moito solmáis facía moitísimo ventoPola mañá visitamos o Centro de xardinería que hai ao lado do campamento e tivemos unha visita guiada no que atopamos un rincón segreto cun manantial súper chulo. Pola tarde baixamos á Barraña, que é a praia máis visitada de Boiro e nós non podíamos ser menos. É moi longa xa que ten unha lonxitude de máis de 2 km e a area ten moitas conchas pequeniñas. Tamén hai algas, moitas algas, moitííísimas! En canto metíamos os pés na auga xa estaban cubertos de algasfixemos unha batallcon elas e acabamos co pelo verde ;) Tivemos moita sorte porque fumos espectadores dos marisqueiros que estaban a recoller ameixas na praia. Unha señora que se encargaba de pesar e controlar o que recollían os seus compañeiros explicounos en que consistía o seu traballo e como funcionaba a lonxa. Foi moi interesante. E cando chegamos ao campamento algo horrible pasou! Roubáronnos a Ceferino! A nosa querida mascota, o noso porquiño! :( Pola noite os armadanzas amosáronnos un video coas torturas as que someteron a Cefe: colgaronno dun árbore, atropelláronno, metérono nunha sandwichera, claváronlle frechas e amenazárono con metelo no váter. Todos nós estivemos a buscalo durante a velada e finalmente o rescatamos, estaba no aparcadoiro, menos mal!


Día 9


Hoxe tivemos de novo actividades rotativas. En Stop motion creamos unha historia e deseñamos os persoaxes con materiais de refugallo, despois fixemos fotos das esceas e montámolo. A técnica do Stop motion consiste en aparentar o movemento de obxetos estáticos a partir de imaxes fixas sucesivas. É decir, facer un montón de fotos dos obxetos que sairán na “peli” movendo moi pouquiño a súa posición. Tamén en Caracterización seguimos a traballar coa imaxinación e a creatividade a hora de deseñar disfraces, máscaras e atrezzo para as obras teatrais do último día.
E pola tarde perdemos unha partida do xogo de “Alerta bichos”, o cal consiste en que todos os acampados ao mesmo tempo ou todos os monis á vez teñen que berrar: “Alerta bichos” e o equipo contrario respostar: “Alerta todos” e tirarse ao chan a imitar a unha cucaracha durante 10 segundos. O equipo que perde ten que superar o reto que lle propón o outro. Temos 3 oportunidades cada día. Na velada xogamos a unha “Quiniela tola” e tiñamos que facer apostas sobre diferentes probas sorpresa moi divertidas. Ata mañá :)





jueves, 11 de agosto de 2016


Día 10

E chegamos ó día 10 de campamento, hoxe fixemos a segunda rotación de Arco, converténdonos nuns auténticos Robin Hood e superando unha carreira de obstáculos cronometrada ata chegar á dianaEn Xeocaptura aprendimos a empregar un GPS, deseñar unha ruta para os nosos compañeiros e que atoparan os puntos que lles marcamos. Ademáis fixemos unha ximcana de auga!!! Foi divertidísimo, había moitas probas: cantar ca boca chea de auga, transportar un vaso con auga na cabeza, pasarnos uns baldes en fila, encher un globo de auga mentres intentabamos adiviñar unha pregunta imposible…Ademáis trouxéronnos unha piscina! A verdade que moi pequena pero fíxonos moita gracia, sobre todo polo socorrista que apareceu e organizou un concurso de saltos. Mañá será o último día completo que pasaremos na instalación, así que a durmir para aproveitalo ao máximo! Ata mañá!!


viernes, 12 de agosto de 2016

Día 11

Hoxe o día foi máis relaxado, repetimos aquelas actividades que máis nos gustaron durante o campamento, tendo todos os materiais a nosa disposición, por suposto collimos un montón de disfraces e complementos!!! Tamén fixemos o derradeiro ensaio antes da actuación final. Pola tarde, en Adeus titiriteiros realizamos a posta en escea do que estivemos preparando durante estes doce días. Despois da merenda preparamos as nosas caracterizacións para a velada e metimos todo nas maletas, só deixamos o pixama, o neceser e por suposto a roupa para ir ben guapos e guapas esta noite. A velada foi a nosa festa final, foi o cume do campamento e celebrámolo con música, xogos, moita diversión e actuacións de teatro, maxia, circo, cancións e chistes de monitor@s e acampad@s. Mañá voltamos a casa, estamos moi tristes porque remata o campamento, pero ao mesmo tempo temos ganas de vervos!!! Ata mañá :)

venres, 24 de xuño de 2016

CABÁRCENO






Fomos con Luisa, Ri e Pablo a Cabárceno.











Durmimos en Santillana del Mar e ademáis de pasar un día en Cabárceno tamén visitamos as covas do Soplao e Comillas.







Foron uns días realmente estupendos porque vimos moitas cousas e ademais estivemos co noso amigo Pablo, que ben o pasábamos polas noites xogando aos dardos!

Gustoume moito a casa Capricho de Gaudí, que está en Comillas.






domingo, 19 de xuño de 2016

GRADUACIÓN SEXTO

O pasado xoves 16, celebramos, os maiores do cole, a nosa graduación. Porque agora iremos ao instituto e xa seremos os pequeniños, como fai nove anos, cando chegamos ao Ramón de la Sagra.
Quero agradecerlle a todas e todos os profesores e profesoras, o que nos levan ensinado en todo este tempo, en especial a Marga e Elisa por axudarnos sempre con obras e bailes tanto cando estaban no seu horario laboral como cando non o estaban, e a Cascarilla o trasno que fixo que estes nove anos estiveran cheos de maxia.

sábado, 28 de maio de 2016

ESPAÑA NO SIGLO XIX

No tema anterior de sociais estivemos dando a historia de España no siglo XIX déixovos aquí un vídeo moi interesante sobre este tema.


                        

FESTIVAL PLAYBACK


O pasado xoves 26 de maio actuei no festival de playback Candilejas Don Bosco, coa canción Don Diablo de Miguel Bosé non gañamos ningún premio pero disfrutamos do resto das actuacións que vimos, e aproveito para felicitar as miñas compañeiras e compañeiros do Ramón De La Sagra que tamén actuaron e gañaron o cuarto premio.


!!!!!!!!!!!!!!!!! MOITAS FELICIDADES!!!!!!!!!!!!!! 

luns, 23 de maio de 2016

domingo, 22 de maio de 2016

TERCEIRO DENTE DE JOAO


Resultado de imagen de ratoncito perez dibujoCaeu o terceiro dente de joao, el esta moi emocionado porque sabe que cada vez que lle cae un faise un chisco mais maior e tamén polo diñeiro.